Os novos usos da enerxía están transformando as cidades nun proceso de metamorfose urbana que ofrece outra forma de vivir e estar no mundo.

As cidades téñense convertido, en todo o mundo, en actores específicos na loita contra o cambio climático e os novos usos da enerxía fronte a unhas políticas nacionais presas dos intereses que defenden os combustibles fósiles e a insolidariedade.

O novo modelo enerxético é principalmente descentralizado. A xeración descentralizada transforma ós consumidores en cidadáns activos que participan directamente na xestión da demanda enerxética a través de novos dereitos da cidadanía como son xerar, almacenar, usar e vender a súa propia enerxía renovable.

Como afirmou Ulrich Beck, as cidades constitúen novos espazos de esperanza climática: ningunha outra forma de organización está mellor preparada para manexar, inventar ou implementar as novas e omnipresentes estruturas de toma de decisión políticas para o século XXI”

En ISENER asesoramos e acompañamos a institucións públicas, municipios e cidades a definir estratexias e implementar políticas enerxéticas aliñadas cos principios da transición enerxética e o Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 7 da Axenda 2030 das Nacións Unidas: Facilitar o Acceso a unha Enerxía Asequíbel, Sustentable, Moderna e Segura para todos:

  • minimizando os impactos económicos, sociais e ambientais

  • promovendo a xeración próxima o consumo

  • facilitando a soberanía enerxética

  • asegurando o dereito á enerxía