As Administracións Públicas dedican á contratación un 16% do PIB, o que as convirte no maior contratante.

Acompañadas de accións de sensibilización, as políticas de CPS posúen un potencial de influencia significativo nos hábitos de consumo das empresas e cidadáns.

As administracións teñen a responsabilidade de usar eficientemente o orzamento público, salvagardando os seus principios básicos (transparencia e no discriminación) e o mesmo tempo asegurándose de elixir a mellor opción, entendendo por tal, non so a mellor oferta económica, senón aquela que proporciona beneficios sociais e medioambientais adicionais.

As prácticas de compra verde supoñen un claro aforro en enerxía, costes de utilización ou xestión de residuos. O mesmo acontece coas cláusulas sociais, xa que se traducen nunha redución do orzamento público destinado a prestacións sociais, producindo deste xeito ingresos ás Facendas Públicas, mediante as achegas fiscais das persoas incorporadas laboralmente. A incorporación de criterios sociais fomenta ademais o desenvolvemento local, mellora a calidade de vida, a cohesión social e incide nas zonas máis desatendidas.

As prácticas de compra responsable poden contribuír de modo significativo á consecución dos obxectivos estratéxicos e proporcionan, a través da súa contratación, apoio ás empresas socialmente responsables incentivando ás que non o son a incorporar a responsabilidade social na súa xestión.

A Compra Pública Sostible lexitima a mensaxe que queren trasladar á sociedade as Administracións Públicas.