Existe unha clara relación entre enerxía e desenvolvemento humano, polo que a axenda 2030 inclúe como obxectivo específico para un Desenvolvemento Sustentable o obxectivo 7: asegurar o acceso a enerxía asequíbel, segura, sustentable e moderna para todos. Alcanzar este obxectivo ten impactos positivos na saúde e a atención sanitaria, na educación, no crecemento económico, na seguridade e na equidade de xénero.

O modelo enerxético actual, caracterizado por unha grave iniquidade no acceso a servicios enerxéticos, unha alta dependencia dos recursos fósiles, un uso estendido da tecnoloxía nuclear, un sistema oligárquico e unha tendencia alcista dos prezos da enerxía ten importantes impactos negativos na sociedade e especialmente nas mulleres e na infancia.

Esta realidade provoca deforestación do entorno, falta de acceso a oportunidades de desenvolvemento (educación e xeración de ingresos), incremento de accidentes de tráfico fatais, así como enfermidades oculares asociadas o uso de lámpadas de queroseno, danos crónicos asociados á recolección e transporte de biomasa e enfermidades respiratorias.

Segundo a OMS, anualmente, 4,3 millóns de persoas morren prematuramente por enfermidades atribuíbeis á contaminación do aire interior causada polo uso de combustibles sólidos ineficientes para cociñar. Esta cifra é maior que a suma das mortes anuais por malaria e SIDA.

Segundo un artigo do Periódico da Enerxía do 2/08/2017, “o conxunto de los fogares españois poderían aforrar máis de 5.350 millóns de euros na factura de gas natural e electricidade si aplicaran medidas de eficiencia enerxética”. Este importe é maior cós 4.700 millóns de dólares que se necesitan a nivel global para asegurar un aceso universal a sistemas limpos de cociñado e evitar así as 4,3 millóns de mortes prematuras ó ano causadas polos fumes de combustión de biomasa en cociñas ineficientes e un 25% das emisións globais de CO2 (datos da Global Alliance for Clean CookStoves )

O 99% das mortes por parto ocorren en Centros de Saúde sen acceso á electricidade. Debido ó rol tradicional da muller, estas asumen a maioría das tarefas asociadas ao ciclo do combustible e o procesado de alimentos, polo que estes impactos teñen nelas unha maior incidencia.

Nos países desenrolados, nos que existen as infraestruturas para acceder á electricidade e instalacións adecuadas para cociñar, non todos os fogares teñen a capacidade de satisfacer un mínimo de servicios enerxéticos para cubrir as súas necesidades básicas domésticas. Esta situación coñecese como pobreza enerxética, afecta a 54 millóns de persoas na UE e 7Mill en España, en 2012 (18% poboación) e supón un grave risco para a saúde das persoas.

2/3 dos fogares en situación de pobreza enerxética están encabezados por mulleres. Os impactos asociados son enfermidades respiratorias, cardíacas e mentais; risco de endebedamento e desconexión do subministro; degradación dos edificios, malgasto de enerxía, incremento das emisións, etc.

Dado que os impactos negativos do modelo enerxético actual afectan máis intensamente a mulleres que homes, resulta cada vez máis evidente que deben existir diferencias de xénero relativas ó diagnóstico da problemática e as intervencións.

Anque, maioritariamente, os órganos de decisión podan considerar os asuntos relacionados coa enerxía como neutros en cuestiones de xénero, á realidade é que os homes e as mulleres se ven afectados de forma diferente polas políticas enerxéticas (capacidade de xeración, oferta combustibles, sistemas distribución…) debido os seus roles diferentes no fogar, o traballo e a comunidade.

Posibilitar o acceso das mulleres a servicios enerxéticos limpos e sustentables ten importantes beneficios para a muller: reduce os riscos para a súa saúde e lle permite aforrar de 1 a 4 horas ó día en tarefas do fogar (cociñar, procesar alimentos, colleitar auga e recoller materiais para utilizar como combustible) favorecendo que teñan tempo para ir á escola, xerar recursos económicos, fixar as súas propias metas fora do fogar e multiplicar a súa participación en actividades comunitarias.

Todo elo facilita a súa autonomía económica e nivel de empodeiramento e ten enormes beneficios sobre a súa nutrición, saúde e educación.

As infraestruturas enerxéticas, ademais de cumprir cos requisitos das Tecnoloxías Apropiadas para o Desenvolvemento Humano, han de desenvolverse baixo o paraugas dunha política enerxética sensible ó xénero que, ademais da eficiencia, sustentabilidade, uso de tecnoloxías apropiadas e pertinencia das intervencións; considere os seguintes aspectos:

  • Analizar a situación de partida en base a datos disgregados por sexo, ingresos, orixe étnico e idade
  • Realizar un enfoque desde o lado da demanda en lugar de desde o lado da oferta, identificando os servicios de primeira importancia para aliviar as cargas das mulleres e os riscos para a súa saúde
  • Involucrar ás mulleres da comunidade e das organizacións intervintes en la definición de la estratexia y la axenda de la intervención
  • Asegurar que teñen a mesma representación nos cargos políticos e postos de decisión no sector enerxético. Segundo a Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (UNFCCC), o porcentaxe de mulleres que traballa no sector enerxético na UE é dun 20%, a maioría facendo tarefas non técnicas, como administración ou relacións públicas.
  • As políticas e proxectos enerxéticos deben ser integrados dende unha visión holística cos demais programas relacionados coa saúde, a educación, a agricultura e a creación de emprego.

Conscientes de que mulleres, nenas e nenos son as principais afectadas polos impactos sociais do actual modelo enerxético, dende ISENER queremos levar a cabo proxectos de I+D+i+T en acceso á enerxía antepoñendo as necesidades enerxéticas de dito colectivo

  • Investigamos sobre enerxía, xénero e desenvolvemento, especialmente nos sistemas de cociña que reducen o consumo de madeira, as emisións de gases de efecto invernadoiro e a contaminación atmosférica nos fogares

  • Promovemos o intercambio de coñecementos e a internacionalización das experiencias exitosas no uso sostible dos recursos enerxéticos

  • Desenvolvemos modelos innovadores para a subministración de servizos básicos de enerxía a través dos proxectos Acceso á Enerxía