A proximidade que ofrece a xeración distribuída entre xerador e consumidor concretase na oportunidade de conectar directamente os centros de xeración cos centros de consumo.

As directivas europeas de renovábeis e de eficiencia enerxética regulan a edificación con autoconsumo, almacenamento e contadores intelixentes de balance neto.

O desenrolo de estes conceptos amosa como a combinación de autoconsumo compartido con almacenamento, micro redes e o punto de recarga para o vehículo eléctrico permiten agrupar as distintas fontes de xeración e de consumo interconectadas a nivel local.

A compra-venta de enerxía renovable asociada a unha instalación de xeración próxima e conectada ó consumidor a través dunha liña directa é a mellor definición dos contratos PPA (Power Purchase Agreement).

A innovación enerxética orientase cada vez máis a facilitar ó consumidor a xestión da demanda. O aforro e a eficiencia é o maior beneficio da enerxía distribuída porque abre a competencia a millóns de consumidores con dereito a constituírse no centro do sistema enerxético.

No seu “Informe de 2017 sobre os custos da enerxía”, a consultora Lazard amosa como a caída de costes das renovábeis, principalmente eólica e solar fotovoltaica, as fai competitivas co carbón, a enerxía nuclear e o gas.

La Universidade de Tecnoloxía de Lappeenranta (Finlandia) presentou na Cumio do Clima de Bonn as conclusións do seu estudio sobre un sistema enerxético global 100% renovable no que afirma que xa é unha realidade tanxible. Un mix eléctrico 100% renovable en 2050, que combine a enerxía solar, eólica, hidráulica e a bioenerxía, terá un custe medio de 52 € MWh, reducirá máis da metade as perdas de enerxía nas redes, eliminará as emisións e sosterá 36 millóns de postos de traballo, máis do dobre ca hoxe.

A expansión das renovábeis a través da xeración distribuída é máis barata que manter a enerxía centralizada.

Aínda que non se inclúa no noso ordenamento xurídico, os beneficios da xeración distribuída están descritos en multitude de estudios:

        • Balance positivo das súas externalidades por redución de importacións enerxéticas, emisións de CO2 e abaratamento dos prezos da enerxía.
        • Permite axustar en tempo real a oferta e a demanda de enerxía e controlar as puntas de demanda pola súa modulación e flexibilidade coa incorporación de sistemas intelixentes.
        • Garante a seguridade de subministro ante variacións climáticas extremas e tensións no sistema eléctrico, actuando como reserva de potencia fiable.
        • A maior utilización de renovábeis reduce os seus costes. O seu rendemento crece en instalacións colectivas, como o autoconsumo compartido, micro redes ou plantas de xeración virtuais.
        • A incorporación do almacenamento local permite a integración masiva de renovábeis no urbanismo e no transporte a través do edificio con autoconsumo e do vehículo eléctrico, sen necesidade de enerxía de respaldo.
        • Ë o mellor instrumento para un sistema eléctrico baseado na xestión da demanda a través das aplicacións intelixentes nas instalacións de enerxías renovábeis distribuídas.
        • Acercar a xeración ó consumo é a gran vantaxe da xeración distribuída, o que permite reducir custos e inversións no sistema eléctrico e perdas na rede. As consecuencias son menos emisións e máis eficiencia enerxética ó consumir soamente a enerxía que se precisa.
        • A xeración distribuída convirte ó consumidor no centro do sistema, ó facilitarlle a xestión da súa propia demanda e poder xerar, almacenar, usar e vender a súa propia enerxía renovable
        • A xeración distribuída ten un impacto directo no desenvolvemento económico local y no emprego. Ó equilibrar a xeración eléctrica ten unha influencia decisiva na ordenación do territorio e na cohesión social.