Aspirar a un mundo máis sustentable converteuse a día de hoxe nun propósito esencial para millóns de cidadáns, empresarios e líderes políticos.

O comportamento social e ético das empresas está no punto de mira de clientes e colaboradores. Resulta imprescindible actuar en congruencia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e construír unha estratexia organizacional baseada en valores.

Si se fala de Desenvolvemento Sustentable é preciso falar dos tres pilares básicos que o sosteñen: medioambiental, económico e social.

A enerxía é un axente de alto impacto. O 50% das emisións de CO2 proceden do consumo de enerxía e hai importantes impactos sociais relacionados: conflitos armados, enfermidades, inequidades no acceso ás oportunidades de desenvolvemento … Unha xestión eficiente do consumo de enerxía é un requisito esencial para a sostibilidade económica das organizacións.

ISENER ten como VISIÓN convertese nun referente de boas prácticas como facilitador do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 7 da Axenda 2030 nos territorios nos que leve a cabo a súa actividade, en particular en Galicia (España) e en países en desenrolo de fala española e portuguesa, promovendo o Aceso a unha Enerxía Asequíbel, Sostible, Moderna e Segura para todos e á transición enerxética cara a un modelo máis sostíbel e solidario.

A nosa MISIÓN é facilitar a transición cara a un modelo enerxético social e ambientalmente sostible, capaz de achegar un futuro máis empático; contribuíndo á realización do Desenvolvemento Sostible Obxectivo 7 (SDG7) da Axenda de 2030: Garantir o acceso universal a servizos de enerxía accesibles, seguros, limpos e modernos.

Como Instituto de Sustentabilidade Enerxética, ISENER pretende levar a cabo a súa MISIÓN aportando información independente, clara e rigorosa que facilite a toma de decisións dos diferentes axentes sociais para a súa necesaria implicación de cara a transitar cara a un modelo enerxético sustentable, tendo en conta o impacto e beneficio en todos os grupos de interese, os riscos e a sustentabilidade a longo prazo.

Para isto, desenvólvense ferramentas de avaliación de impactos e se asesora en temas non soamente técnicos senón tamén de xestión, acompañando na definición de obxectivos , estratexias e indicadores.

Os nosos clientes non solo queren produtos e servizos que favorezan o desenvolvemento sustentable, senón tamén unha política de prezos razoábel e un servicio profesional; por iso, a organización procura ofrecer un conxunto adecuado de servizos con un enfoque holístico e transversal que permita contribuír ao desenvolvemento sustentable, establecendo relacións valiosas e transparentes cos seus clientes e que se dividen en 4 áreas:

 

Somos un equipo de profesionais aberto e dinámico.

Acumulamos máis de 12 anos de experiencia en enerxías renovábeis e eficiencia enerxética

Temos ampla experiencia en cooperación internacional, fundamentalmente no continente africano.

Coñecemos en profundidade o entorno social, económico e político dos países en desenvolvemento

Comprendemos o tecido empresarial, as súas demandas, a súa oferta, as súas necesidades, fortalezas, limitacións e retos.

Traballamos en rede e contamos con especialistas en diferentes países, de modo que contamos con una visión global que nos aporta capacidade para ofrecer solucións adecuadas á demanda e as necesidades de cada organización.

Creemos que para aportar valor é necesario rodearse de socios estratéxicos. Por este motivo, colaboramos con outras organizacións aliñadas cos nosos obxectivos tanto a nivel local como global.