Segundo datos do PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento) 1,3 Mil Millóns de persoas en todo o mundo viven sen electricidade, e segundo a OMS3 Mil Millóns seguen cociñando e aquecendo os seus fogares con combustibles sólidos (madeira, residuos agrícolas, carbón vexetal e mineral e excrementos de animais), en lumes abertos e en cociñas con fugas. Na súa maioría son persoas pobres que viven en países de ingresos baixos ou medianos.

O 70% dos territorios con menor acceso á electricidade están no sur do continente africano

A ausencia de infraestruturas para acceder á electricidade e instalacións adecuadas para cociñar e a falta de capacidade para satisfacer as necesidades enerxéticas básicas ten numerosos impactos negativos na vida das persoas e no medio ambiente.

En moitas zonas, a busca de leña e combustible ten causado unha deforestación de enormes proporcións.

O acceso á enerxía aporta numerosos beneficios nas seguintes áreas:

        • Educación:
          • Reduce tarefas do fogar e permite dispor de máis tempo para ir á escola.
          • Ofrece a posibilidade de estudar pola noite
          • Permite aceso a computadores, radio e televisión
        • Saúde e Atención Sanitaria:
          • Mellora a calidade da atención: permiten estender horario e subministrar vacinas e medicamentos refrixerados.
          • Mellora a saúde:
            • facilita o aceso á auga potable e saneamento (bombeo de auga)
            • reduce riscos debidos á colleita e uso de combustibles fósiles
        • Crecemento económico
          • xerar novos emprendementos (novos produtos e servizos)
          • ampliar horarios comerciais
        • Maior seguridade (iluminación pública)
        • Igualdade de xénero

O acceso ós servizos de enerxía é condición para alcanzar o desenvolvemento humano (a nivel persoal, nacional e global).