“Si a túa empresa é do sector industrial ou servizos, e estás interesado en levar a cabo unha auditoría enerxética, implantación dun sistema de xestión ou nun proxecto de aforro e eficiencia enerxética, podeste optar a axudas da subvencions do Instituto Enerxético de Galicia.

Contactanos axudamosche coa tramitación. A continuación un resumo da mesma”

Obxecto

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industria e servizos, que cumpran cos requisitos e condicións establecidos no articulado desta resolución (código de procedemento IN417Y). Por medio desta resolución procédese á convocatoria destas subvencións para a anualidade 2020.

Proxectos que se subvencionan

Poderán obter dereito a subvención todas aquelas actuacións que se executen dentro do territorio da comunidade autónoma e o prazo de execución dos proxectos subvencionables iniciarase unha vez se teña efectuada a solicitude de axuda ante esta entidade e rematará no prazo previsto no artigo 25.

A quen vai dirixido?

As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos, que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídas no sector servizos ou na industria. Para os efectos destas bases defínese empresa conforme o recollido no artigo 1 do anexo I do Regulamento (UE) 651/2014. Só serán subvencionables as actuacións realizadas en centros de traballo ubicados en Galicia. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e que o obxecto destes contratos de servizos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía. Os centros de consumo nos que se actúe deben estar situados en Galicia, corresponder a empresas incluídas no ámbito de actuación e, en concreto, desenvolver algunha das actividades recollidas no párrafo anterior.

A onde acudir?

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981 541 500

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *