A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda publica hoxe no DOGA, as bases reguladoras e a convocatoria das axudas para apoiar as entidades locais no cumprimento dos seus compromisos de adhesión o Pacto das Alaldías durante o ano 2020.
O Pacto das Alcaldías para o Clima e a Enerxía consiste no compromiso dos concellos signatarios de facer propios os obxectivos da Unión Europea para o ano 2030 e reducir as emisións de CO2 no seu territorio en, polo menos, o 40 % a través de medidas de eficiencia enerxética e dun maior uso de fontes de enerxía renovable.
Para alcanzar estes obxectivos, os municipios adheridos ao Pacto comprométense a redactar un Plan de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES), nun prazo máximo de dous anos desde a data de adhesión.
Serán subvencionables os traballos de asistencia técnica para a elaboración dos plans de acción para o clima e a enerxía sustentable (PACES)
A data límite para executar o proxecto será o 30 de novembro de 2020. As entidades solicitantes poderán subcontratar a totalidade da actuación subvencionable, ata un máximo de:
Poboación concellos | Financiamento máximo (IVE incluido) |
Ata 2.000 habitantes | Ata 3.000 € |
De 2.001 a 5.000 habitantes | Ata 4.000 € |
De 5.001 a 10.000 habitantes | Ata 6.000 € |
De 10.001 a 20.000 habitantes | Ata 9.000 € |
De 20.001 a 50.000 habitantes | Ata 11.000 € |
De 50.001 a 100.000 habitantes | Ata 15.000 € |
Máis de 100.001 habitantes | Ata 20.000 € |
O prazo de presentación de solicitudes remata o 14 de Xuño, pero as subvencións resolveranse por orde de rexistro de entrada das solicitudes presentadas, así que non hai tempo que perder!
Contactanos e coñece o noso Servizo de Asistencia Técnica para elaboración do PACES!