Segundo datos do PNUD (Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento) 1,3 Mil Millóns de persoas en todo o mundo viven sen electricidade, e segundo a OMS3 Mil Millóns seguen cociñando e aquecendo os seus fogares con combustibles sólidos (madeira, residuos agrícolas, carbón vexetal e mineral e excrementos de animais), en lumes abertos e en cociñas con fugas. Na súa maioría son persoas pobres que viven en países de ingresos baixos ou medianos.
O 70% dos territorios con menor acceso á electricidade están no sur do continente africano
A ausencia de infraestruturas para acceder á electricidade e instalacións adecuadas para cociñar e a falta de capacidade para satisfacer as necesidades enerxéticas básicas ten numerosos impactos negativos na vida das persoas e no medio ambiente.
En moitas zonas, a busca de leña e combustible ten causado unha deforestación de enormes proporcións.
O acceso á enerxía aporta numerosos beneficios nas seguintes áreas:
-
-
-
- Educación:
- Reduce tarefas do fogar e permite dispor de máis tempo para ir á escola.
- Ofrece a posibilidade de estudar pola noite
- Permite aceso a computadores, radio e televisión
- Saúde e Atención Sanitaria:
- Mellora a calidade da atención: permiten estender horario e subministrar vacinas e medicamentos refrixerados.
- Mellora a saúde:
- facilita o aceso á auga potable e saneamento (bombeo de auga)
- reduce riscos debidos á colleita e uso de combustibles fósiles
- Crecemento económico
- xerar novos emprendementos (novos produtos e servizos)
- ampliar horarios comerciais
- Maior seguridade (iluminación pública)
- Igualdade de xénero
- Educación:
-
-