O ponencia foi impartida pola enxeñeira Sonia Ramos Galdo, do Instituto de Sustentabilidade Enerxética (ISENER)

Luisa Márquez, Vicente Romo e Sonia Ramos Galdo

O modelo enerxético español…

Caracterizase por depender, en preto dun 80%, de combustibles fósiles, o que á súa vez provoca que a meirande parte da produción de enerxía dependa de recursos doutros países. Estes dous aspectos que a enxeñeira Sonia Ramos Galdo, do Instituto de Sustentabilidade Enerxética (Isener) puxo sobre a mesa este xoves na conferencia que impartiu na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e na que alertou dos efectos dun “modelo enerxético cuns impactos ambientais insostibles e cun impactos sociais tamén moi importantes e invisibilizados”. Pór en relación este modelo co cambio climático era un dos obxectivos centrais dunha conferencia na que lembrou que “o 66% dos gases de efecto invernadoiro teñen que ver con como consumimos a enerxía”, para logo abordar co alumnado posibles accións que desde o ámbito individual como o educativo se poden levar a cabo tanto para sensibilizar como para “consumir con menores impactos”.

Cambio climático e o desenvolvemento sustentable

O decano, Vicente Romo, e a coordinadora da Rede de Escolas PEA-Unesco en Galicia, Luísa Márquez, encargáronse de introducir á conferenciante nunha actividade que se insire no propósito da facultade de acoller “unha serie de conferencias en relación co cambio climático e o desenvolvemento sustentable, que é un dos retos máis importantes que temos como humanidade”, salientou Romo, quen incidiu nese senso na importancia da educación neste eido. Márquez, coordinadora en Galicia dunha rede internacional da que forma parte a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, centrou a súa intervención nos obxectivos da Axenda 2030 para desenvolvemento sostible, aprobada en 2015 pola ONU, e nos seus cinco “grandes piares; as persoas, o planeta, que é o único fogar común que temos, o benestar, a loita contra a pobreza e a creación de alianzas” xa que, lembrou, o desenvolvemento sostible “só o podemos construír entre todos”.

Os impactos do modelo enerxético

Sonia Ramos Galdo iniciou a súa intervención poñendo o foco en que “se falamos de cambio climático, temos necesariamente que falar de como xeramos e consumimos a enerxía”, o que a levou a abordar algunhas das características do sistema enerxético español “que é bastante opaco e complexo”. Neste punto, puxo o acento na “dependencia de recursos externos» en lugar de facer uso dos «recursos renovables que temos ao noso alcance”, e que supoñen o 12% da enerxía total xerada en España. Neste punto, a membro do Isener, unha iniciativa dirixida a ofrecer servizos formativos e de asesoramento orientados a promover un cambio de modelo enerxético, incidiu tamén no descoñecemento por parte da cidadanía “sobe como funciona o mercado enerxético”, a pesares dos seus impactos económicos, ambientais e sociais.

A ineficiencia enerxética no hogar

A este respecto, Sonia incidiu tanto en aspectos como “a pobreza enerxética ou a falta de equidade no acceso aos servizos”, como no “importante reto” que supón o cambio climático, para deterse logo nos “importantes impactos sociais” do modelo. A conferenciante fixo referencia tanto aos conflitos armados “producidos por infraestruturas e recursos” e fronte “aos que non podemos mirar para outro lado, porque estamos consumindo ese recurso”, como nos efectos que provoca a falta de acceso de parte da poboación mundial á electricidade, como que “a primeira causa de mortalidade en países en desenvolvemento sexa a combustión de aire interior contaminado”, xa que o feito de que o “o 66% da poboación mundial cociñe en lumes abertos”, en cociñas que emiten directamente o gas da combustión no interior da vivenda, provoca “graves enfermidades respiratorias que producen máis mortes que a sida e a malaria xuntos”.

Experiencias de sensibilización desde o ámbito educativo

Nun último bloque, a conferenciante abordou as múltiples accións que se poden levar a cabo desde a óptica individual, como reducir o consumo ou apostar polas enerxías renovables, así como o labor de concienciación que se pode levar a cabo desde o eido educativo. Sonia puxo como exemplo neste punto a experiencia da metodoloxía 50/50 e dun proxecto europeo implantado en 500 escolas de 13 países, “consistente en involucrar a comunidade educativa para aforrar enerxía”, promovendo unha serie de cambios de hábitos que se traducían á súa vez “nun aforro mínimo do 8%”, do que a metade se destinaba a aquilo que decidía a propia comunidade e a outra metade constituía un aforro para a administración responsable do centro en cuestión.

Si formas parte da comunidade educativa e queres coñecer as ferramentas que estan tendo éxito para involucrar a toda a comunidade no aforro de enerxía e no incremento da consciencia dos impactos do model actual contáctanos!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *